País | España |
Provincia | Ourense |
Fecha límite Inscripción | 15/08/2012 |
Categoría | Medio Ambiente |
% de respuesta: 0,0000%
|
|
Inicio 01/07/2012 |
|
Esta oportunidad ya se ha cubierto
Encuentra más ofertas de este tipo |
|
Descripción |
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado está a colaborar un ano máis coa Dirección Xeral de Montes da Consellería de Medio Rural para poñer en marcha este verán un programa de voluntariado ambiental de prevención e defensa contra os incendios forestais. Este ano o programa de voluntariado nace co obxectivo principal de sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a prevención, información e vixilancia contra os incendios forestais, que os motiven e capaciten para valorar e conservar a nosa masa forestal. Este ano o programa de voluntariado nace co obxectivo principal de sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a prevención, información e vixilancia contra os incendios forestais, que os motiven e capaciten para valorar e conservar a nosa masa forestal. ACTIVIDADES: - Vixilancia ambiental. - Visitas ás poboacións próximas para facer unha campaña de sensibilización sobre a importancia da conservación da masa forestal. - Fixación de rutas de sendeirismo. - Control de especies invasoras. - Colaboración na restauración áreas incendiadas. - Localización e control de vertedoiros incontrolados. - Limpeza de ríos e caracterización dun tramo de río. - Limpeza e desbroce de cortalumes. - Actividades culturais vinculadas cos montes en colaboración cos concellos de referencia. O programa desenvolverase en quendas de 5 días e está concibido como un campo de traballo, no que grupos de 8 persoas voluntarias xunto cun monitor realizarán diferentes actividades de sensibilización e información sobre a necesidade de coidado e preservación da masa forestal. |
Perfil |
CONDICIÓNS XERAIS Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias que teñan cumpridos os 18 anos no momento da súa participación. As persoas voluntarias que desexen participar, deberán ter en conta: -A indumentaria que leven ten que ser axeitada ás actividades a realizar, e han de levar a súa propia roupa de cama (saco/sabas) e os seus utensilios persoais de aseo. -Sería conveniente que os participantes levasen así mesmo un par de prismáticos. Ao finalizar a súa participación neste programa de voluntariado ambiental, as persoas voluntarias obterán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado de acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrito como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. |
Adecuado para | Adultos |
Subcategorías | Protección o recuperación de espacios naturales |
Aficiones/Pasiones | Salir al campo o al monte |
Municipio | Ámbito Provincial |
Tipo | Puntual :esta oportunidad no requiere de un compromiso continuado, puedes realizar una colaboración esporádica con la organización |
Dedicación |
Entre 4 y 16 horas mensuales. Según programación. Horario: Según programación. |
Fecha límite de inscripción | 15/08/2012 |
Nº de vacantes | 1 |
El nº de personas candidatas refleja el total de personas que han escrito a la organización, desde la primera publicación de la oportunidad, a excepción de quienes no ha aceptado la organización por no cumplir los requisitos especificados.