Na Asociación Arraianas precisamos incorporar ao noso equipo de traballo un ou unha profesional na área de administración.
Funcións do posto:
- Xestión integral de subvencións: Apoio nas distintas fases (solicitude, seguimento económico, execución e xustificación técnica e financeira) de axudas públicas (Xunta de Galicia, entidades locais, etc.) e privadas.
-Xestión económica e administrativa: Contabilidade diaria da asociación, control de orzamentos, tesouraría, facturación e xestións laborais básicas en coordinación coa xestoría externa.
-Dixitalización e optimización interna: Axilizar os procesos da entidade mediante a implantación e mantemento de ferramentas na nube, bases de datos e novos sistemas de xestión documental da propia asociación.
-Atención ao público e recepción institucional: Xestión da centralita telefónica e acollida presencial das visitas na sede. Responsable de recoller recados, canalizar as demandas de información e derivar axeitadamente as chamadas ou usuarios cara aos profesionais de referencia correspondentes.
-Apoio na comunicación social: Colaborar na xestión documental ou soportes dixitais vinculados á comunicación para o cambio social da entidade.
Perfil:
Requisitos mínimos:
Ciclo Formativo de Grao Superior da rama de Administración ou Grao Universitario vinculado (ADE, Economía, Xestión de Proxectos Sociais).
Experiencia: Entre 1 e 3 anos en postos similares de xestión económicaadministrativa, preferiblemente no Terceiro Sector (ONGs ou asociacións).
Idiomas: Dominio das linguas cooficiais (galego e castelán).
Competencias tecnolóxicas: Dominio de follas de cálculo (Excel). Capacidade para a implantación, administración e mantemento de sistemas de xestión documental, bases de datos e ferramentas da entidade. Autonomía avanzada no manexo de plataformas dixitais de tramitación oficial e na xestión de contornos informáticos.
Elevada capacidade de organización e rigor metódico, perfil proactivo con autonomía na resolución de incidencias e excelentes habilidades comunicativas para a xestión da recepción institucional e a atención ao público.
Alta sensibilidade, compromiso social e compromiso cos valores da entidade.
Requisitos desexables:
Formación no eido da transculturalidade, xénero, migracións e/ou dereitos humanos.
Coñecemento doutras linguas: inglés, árabe, francés, etc.
condicións laborais
Tipo de Contrato: Un ano; no marco do programa Cooperación con Entidades Sen Ánimo de Lucro (Procedemento TR352A Convocatoria 2026).
Modalidade: 100% presencial na sede de Santiago de Compostela.
Xornada: 75% (28,5 horas semanais).
Remuneración: A establecida para a categoría profesional do Grupo II do Convenio Colectivo Estatal de Acción e Intervención Social.
Competencias:
Analizar y resolver problemas, Iniciativa y autonomía, Organización y planificación, Fiabilidad técnica y personal, Comunicación interpersonal, Trabajo en equipoNivel:
EmpleadoTipo de contrato:
Media jornadaDuración:
Sin especificarSalario:
Entre 18.001 y 24.000 € bruto/anualEstudios mínimos:
Formación Profesional Grado SuperiorExperiencia mínima:
Al menos 2 añosFecha de inicio:
01/12/2026Fecha finalización de la actividad:
01/10/2027Nº de vacantes:
1Nº de personas candidatas en esta oportunidad: 38
El nº de personas candidatas refleja el total de personas que han escrito a la organización, desde la primera publicación de la oportunidad, a excepción de quienes no ha aceptado la organización por no cumplir los requisitos especificados.
Suscríbete a nuestra newsletter