Monitor/a voluntario/a do grupo de aventureiras (12-13 anos) en seteportas-altair

Monitor/a voluntario/a do grupo de aventureiras (12-13 anos) en seteportas-altair

País
España
Provincia
Santiago de Compostela - A Coruña
Fecha límite Inscripción
01/09/2026
Fecha Inicio
12/09/2026
Fecha fin
18/07/2027
Categoría
Infancia, juventud y familia

Información de la ONG

ASOCIACIÓN ALTAIR GALIZA
Valoración
% de respuesta: 80,5556% info

Objetivo

Gústache explorar, descubrir cousas novas, acompañar ás crianzas nas súas aventuras e aprender con elas?

En Seteportas–Altair buscamos persoas voluntarias para formar parte da equipa educativa do grupo de Aventureiras, formado por nenas e nenos de 12 a 13 anos.

Non precisas experiencia previa. Só compromiso, ganas de aprender e ilusión por acompañar un grupo nunha etapa chea de cambios, identidade, descubrimento e crecemento persoal.

Que farás?

-Acompañarás ás Aventureiras no deseño e desenvolvemento dos seus proxectos de aventura a medio prazo.
-Axudarás a organizar e dinamizar xogos, grandes xogos, rutas, camiñadas e actividades ao aire libre.
-Fomentarás o pensamento crítico, a capacidade de reflexión e a toma de decisións en grupo.
-Apoiarás o desenvolvemento de habilidades prácticas como cociña en campamento, organización, montaxe de materiais, coidados e primeiros auxilios básicos.
-Impulsarás valores como o cooperativismo, o diálogo, a confianza no grupo, a igualdade e o respecto pola contorna e a comunidade.
-Participarás en campamentos, roteiros, saídas e actividades especiais ao longo do ano.
-Formarás parte dunha equipa educativa que acompaña procesos de aprendizaxe e crecemento colectivo.

Como son as actividades?

No grupo de Aventureiras aprendemos facendo proxectos.

As crianzas organizan ideas, reparten responsabilidades e traballan en equipo para desenvolver proxectos que culminan en experiencias compartidas.

O xogo segue sendo unha ferramenta central, pero convive coa planificación, a asemblea, a reflexión, os acordos e a responsabilidade colectiva.

Traballamos a través de proxectos de aventura, actividades na natureza, horta, campamentos, roteiros, dinámicas de grupo, resolución de conflitos e ferramentas de memoria do grupo.

Que ofrecemos?

-Formación subvencionada para obter o título oficial de monitor/a ou director/a de actividades de tempo libre.
-Experiencia real en educación non formal con adolescentes.
-Aprendizaxe en dinamización de grupos, mediación, liderado e acompañamento educativo.
-Formación práctica en metodoloxías baseadas no proxecto, a participación e a vida en grupo.
-Participación nun proxecto educativo consolidado con experiencia de décadas.

Cando?

Actividades semanais os sábados de 11:00 a 14:00 horas, ademais de campamentos, roteiros e actividades especiais ao longo do ano.

Onde?

Santiago de Compostela.

Por que unirte?

Porque educar tamén é acompañar procesos de descubrimento.

Se cres que as crianzas merecen espazos para explorar, pensar, convivir, aprender e construír as súas propias aventuras, estamos agardando por ti.

Ademais, se es estudante da USC, o teu voluntariado pode convalidar ata 6 créditos ECTS en titulacións de Grao e Máster.

Perfil:

Perfil que buscamos
-Idade preferente: Entre 18 e 35 anos (aínda que non é excluínte).
-Predisposición para o trato con nenas/os e mocidade.
-Paixón pola natureza e actividades ao aire libre.
-Actitude positiva, flexible e colaborativa.

Que ofrecemos?
-Formación inicial e continua.
-Acompañamento e apoio constante.
-Unha experiencia única nun proxecto educativo e social.

Interésache?
Apúntate agora e enviarémosche o noso formulario de selección de voluntariado.

Agardámoste cos brazos abertos!

Adecuado para:

Adultos

Subcategorías:

Actividades de formación/Educación, Actividades lúdicas y de respiro, Atención y cuidados, Campañas/Sensibilización, Captación de fondos, Comunicación, Ocio y tiempo libre, Otros

Aficiones/pasiones:

Animales, Arte, Astronomia, Blogs, Cine, Cocina, Danza, Deporte, Escritura, Fotografia, Lectura, Musica, Nuevas tecnologias e Internet, Salir al campo o al monte, Pintura, Teatro, Viajes, Ensenar, Otras

Competencias que adquirirá el voluntario

Analizar y resolver problemas, Iniciativa y autonomía, Capacidad de aprendizaje, Capacidad para liderar iniciativas, Organización y planificación, Comunicación interpersonal, Trabajo en equipo, Capacidad de Negociación

Municipio:

Santiago de Compostela

Tipo:

Continua :esta oportunidad requiere de un compromiso continuado

Dedicación:

Más de 16 horas mensuales. Miercoles ,Sabado ,Campamentos de outono, iverno, primavera e verán.
Horario: Mañanas ,Tardes ,4 campamentos ao anos de 2, 3, 5 e 15 noites.
Esta actividad se puede realizar en grupos.Só Voluntari@s con dispoñibilidade nos fins de semana ,Campamentos de outono, inverno, primavera e verán. Máis información e envío de candidaturas: info@altair.gal.

Vacantes:

3

Fecha límite de inscripción:

01/09/2026

Nº de personas candidatas en esta oportunidad:  2

El nº de personas candidatas refleja el total de personas que han escrito a la organización, desde la primera publicación de la oportunidad, a excepción de quienes no ha aceptado la organización por no cumplir los requisitos especificados.

PUBLICIDAD

  

  

 

Con el apoyo de: 

No te pierdas nada

Suscríbete a nuestra newsletter