Objetivo
Do 5 ao 19 de xullo desenvolveremos un campamento dirixido a infancia e mocidade de entre 8 e 18 anos, nun entorno de convivencia, aprendizaxe e educación en valores. O lugar está aínda por determinar.
Estamos a buscar persoas voluntarias comprometidas, con ilusión e ganas de implicarse nun proxecto educativo transformador. Non precisas experiencia previa: contarás co apoio dunha equipa coordinada e con experiencia no ámbito do ocio educativo e a educación non formal.
Que atoparás en Altair?
Un espazo de convivencia, aprendizaxe e crecemento persoal
Actividades na natureza, xogos, dinámicas e aventura
Formación subvencionada como monitor/a ou director/a de tempo libre
Experiencia en traballo en equipo, comunicación e liderado
A oportunidade de participar activamente na túa comunidade
Ademais, se es estudante da USC, o teu voluntariado pode convalidar ata 6 créditos ECTS en titulacións de Grao e Máster.
En Seteportas–Altair realizamos actividades educativas durante todo o ano en Santiago de Compostela, incluíndo campamentos en outono, inverno, primavera e verán.
Se che interesa o mundo do ocio educativo, o traballo con crianzas e mocidade, ou simplemente queres vivir unha experiencia diferente este verán, este é o teu sitio.
Escríbenos para máis información e anímate a formar parte da Equipa Educativa de Altair.
Agardámoste!
Perfil:
Perfil que buscamos
-Idade preferente: Entre 18 e 35 anos (aínda que non é excluínte).
-Predisposición para o trato con nenas/os e mocidade.
-Paixón pola natureza e actividades ao aire libre.
-Actitude positiva, flexible e colaborativa.
Que ofrecemos?
-Formación inicial e continua.
-Acompañamento e apoio constante.
-Unha experiencia única nun proxecto educativo e social.
Interésache?
Apúntate agora e enviarémosche o noso formulario de selección de voluntariado.
Agardámoste cos brazos abertos!
Adecuado para:
Adultos
Subcategorías:
Actividades de formación/Educación, Actividades lúdicas y de respiro, Atención y cuidados, Campañas/Sensibilización, Captación de fondos, Comunicación, Ocio y tiempo libre, Otros
Aficiones/pasiones:
Animales, Arte, Astronomia, Blogs, Cine, Cocina, Danza, Deporte, Escritura, Fotografia, Lectura, Musica, Nuevas tecnologias e Internet, Salir al campo o al monte, Pintura, Teatro, Viajes, Ensenar, Otras
Competencias que adquirirá el voluntario
Analizar y resolver problemas, Iniciativa y autonomía, Capacidad de aprendizaje, Capacidad para liderar iniciativas, Organización y planificación, Comunicación interpersonal, Trabajo en equipo, Capacidad de Negociación
Municipio:
Santiago de Compostela
Tipo:
Continua :esta oportunidad requiere de un compromiso continuado
Dedicación:
Más de 16 horas mensuales. Miercoles ,Sabado ,Campamentos de outono, iverno, primavera e verán.
Horario: Mañanas ,Tardes ,4 campamentos ao anos de 2, 3, 5 e 15 noites.
Esta actividad se puede realizar en grupos.Só Voluntari@s con dispoñibilidade nos fins de semana ,Campamentos de outono, inverno, primavera e verán. Máis información e envío de candidaturas: info@altair.gal.
Vacantes:
4
Fecha límite de inscripción:
30/06/2026
Nº de personas candidatas en esta oportunidad:
0
El nº de personas candidatas refleja el total de personas que han escrito a la organización,
desde la primera publicación de la oportunidad, a excepción de quienes no ha aceptado
la organización por no cumplir los requisitos especificados.