Objetivo
Queres formar parte dun proxecto educativo único en Burela?
En Altair, Movemento Internacional Sociocultural e Educativo nos Tempos Libres, buscamos persoas comprometidas que queiran marcar a diferenza na vida de nenas, nenos e mozos/as de entre 8 e 18 anos.
Non precisas experiencia previa, só ganas, ilusión e compromiso.
Que facemos en Altair?
Actividades semanais con infancia e mocidade os sábados ou domingos (3 horas).
-Campamentos e saídas á natureza no outono, inverno, primavera e verán.
-Formación subvencionada para obter o título de monitor/a ou director/a de tempo libre.
-Traballo en equipo, apoiado e coordinado por persoas con experiencia.
Nova iniciativa en Burela:
Estamos a lanzar unha iniciativa para crear un novo agrupamento de tempos libres en Burela, dentro dunha campaña de promoción do proxecto Altair noutras localidades galegas.
Este proxecto ten como obxectivo poñer en marcha espazos educativos desde cero. Para iso, precisamos persoas voluntarias con compromiso que queiran participar activamente na súa posta en marcha.
Como voluntario/a colaborarás con outras persoas na promoción, creación, organización e desenvolvemento dun novo agrupamento de tempos libres, sendo unha peza chave en todo o proceso.
É unha oportunidade única para achegar valor á túa comunidade, fomentar a aprendizaxe e o lecer saudable, e desenvolver habilidades de traballo en equipo e liderado.
Buscamos voluntarios/as:
en Burela (localidade) e noutros concellos mariñaos próximos:
-Alfoz
-Foz
-Lourenzá
-Mondoñedo
-Valadouro
E outras localidades próximas...
Por que unirte a Altair?
-Participarás activamente na túa comunidade.
-Fomentarás a aprendizaxe e o ocio saudable.
-Desenvolverás habilidades en traballo en equipo, comunicación e liderado.
-Se es estudante da Universidade de Santiago de Compostela, poderás convalidar ata 6 créditos ECTS en titulacións de Grao e Máster (consulta tamén a posibilidade de convalidación na Universidade da Coruña e na Universidade de Vigo).
Se queres formar parte dunha experiencia transformadora, contacta connosco e súmate ao cambio.
Perfil:
Perfil que buscamos
-Idade preferente: Entre 18 e 35 anos (aínda que non é excluínte).
-Predisposición para o trato con nenas/os e mocidade.
-Paixón pola natureza e actividades ao aire libre.
-Actitude positiva, flexible e colaborativa.
Que ofrecemos?
-Formación inicial e continua.
-Acompañamento e apoio constante.
-Unha experiencia única nun proxecto educativo e social.
Interésache?
Apúntate agora e enviarémosche o noso formulario de selección de voluntariado.
Agardámoste cos brazos abertos!
Adecuado para:
Adultos
Subcategorías:
Actividades de formación/Educación, Actividades lúdicas y de respiro, Atención y cuidados, Campañas/Sensibilización, Captación de fondos, Comunicación, Ocio y tiempo libre, Otros
Aficiones/pasiones:
Animales, Arte, Astronomia, Blogs, Cine, Cocina, Danza, Deporte, Escritura, Fotografia, Lectura, Musica, Nuevas tecnologias e Internet, Salir al campo o al monte, Pintura, Teatro, Viajes, Ensenar, Otras
Competencias que adquirirá el voluntario
Analizar y resolver problemas, Iniciativa y autonomía, Capacidad de aprendizaje, Capacidad para liderar iniciativas, Organización y planificación, Comunicación interpersonal, Trabajo en equipo, Capacidad de Negociación
Municipio:
Burela
Tipo:
Continua :esta oportunidad requiere de un compromiso continuado
Dedicación:
Más de 16 horas mensuales. Miercoles ,Sabado ,Campamentos de outono, iverno, primavera e verán.
Horario: Mañanas ,Tardes ,4 campamentos ao anos de 2, 3, 5 e 15 noites.
Esta actividad se puede realizar en grupos.Só Voluntari@s con dispoñibilidade nos fins de semana ,Campamentos de outono, inverno, primavera e verán..
Vacantes:
12
Fecha límite de inscripción:
01/09/2026
Nº de personas candidatas en esta oportunidad:
0
El nº de personas candidatas refleja el total de personas que han escrito a la organización,
desde la primera publicación de la oportunidad, a excepción de quienes no ha aceptado
la organización por no cumplir los requisitos especificados.