Objetivo
Queres formar parte dun proxecto educativo único e contribuír desde a túa comarca?
En Altair, Movemento Internacional Sociocultural e Educativo nos Tempos Libres, buscamos persoas comprometidas que queiran marcar a diferenza na vida de nenas, nenos e mozos/as de entre 8 e 18 anos.
Non precisas experiencia previa, só ganas, ilusión e compromiso.
Que facemos en Altair?
-Actividades semanais con infancia e mocidade os sábados ou domingos (3 horas).
-Campamentos e saídas á natureza no outono, inverno, primavera e verán.
-Formación subvencionada para obter o título de monitor/a ou director/a de tempo libre.
-Traballo en equipo, apoiado e coordinado por persoas con experiencia.
Nova iniciativa en distintas comarcas galegas
Estamos a lanzar unha campaña de promoción do proxecto Altair para crear novos agrupamentos de tempos libres en distintas comarcas galegas.
O obxectivo é poñer en marcha espazos educativos desde cero, e para iso precisamos persoas voluntarias con compromiso que queiran participar activamente dende a súa contorna.
Como voluntario/a, colaborarás con outras persoas interesadas na túa comarca na promoción, creación, organización e desenvolvemento dun novo agrupamento de tempos libres, sendo unha peza chave en todo o proceso.
É unha oportunidade única para achegar valor á túa comunidade, fomentar a aprendizaxe e o lecer saudable, e desenvolver habilidades de traballo en equipo e liderado.
Buscamos voluntarios/as nas seguintes comarcas:
Allariz-Maceda
Concellos: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo
A Baixa Limia
Concellos: Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños
O Carballiño
Concellos: Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea
A Limia
Concellos: Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia
O Ribeiro
Concellos: Arnoia (A), Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Ribadavia
Ourense
Concellos: Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Ciprián de Viñas, Taboadela, Toén
xunta.gal
Terra de Caldelas
Concellos: Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira
Terra de Celanova
Concellos: A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás, Verea
Terra de Trives
Concellos: Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives, San Xoán de Río
Valdeorras
Concellos: O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga, Vilamartín de Valdeorras
Verín
Concellos: Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós
Viana
Concellos: A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo, Vilariño de Conso
Por que unirte a Altair?
-Participarás activamente na túa comunidade.
-Fomentarás a aprendizaxe e o ocio saudable.
-Desenvolverás habilidades en traballo en equipo, comunicación e liderado.
-Se es estudante da Universidade de Santiago de Compostela, poderás convalidar ata 6 créditos ECTS en titulacións de Grao e Máster. (Consulta tamén as convalidacións na Universidade da Coruña e na Universidade de Vigo.)
Se queres formar parte desta iniciativa e contribuír ao cambio desde a túa comarca, ponte en contacto connosco. Contamos contigo!
Perfil:
Perfil que buscamos
-Idade preferente: Entre 18 e 35 anos (aínda que non é excluínte).
-Predisposición para o trato con nenas/os e mocidade.
-Paixón pola natureza e actividades ao aire libre.
-Actitude positiva, flexible e colaborativa.
Que ofrecemos?
-Formación inicial e continua.
-Acompañamento e apoio constante.
-Unha experiencia única nun proxecto educativo e social.
Interésache?
Apúntate agora e enviarémosche o noso formulario de selección de voluntariado.
Agardámoste cos brazos abertos!
Adecuado para:
Adultos
Subcategorías:
Actividades de formación/Educación, Actividades lúdicas y de respiro, Atención y cuidados, Campañas/Sensibilización, Captación de fondos, Comunicación, Ocio y tiempo libre, Otros
Aficiones/pasiones:
Animales, Arte, Astronomia, Blogs, Cine, Cocina, Danza, Deporte, Escritura, Fotografia, Lectura, Musica, Nuevas tecnologias e Internet, Salir al campo o al monte, Pintura, Teatro, Viajes, Ensenar, Otras
Competencias que adquirirá el voluntario
Analizar y resolver problemas, Iniciativa y autonomía, Capacidad de aprendizaje, Capacidad para liderar iniciativas, Organización y planificación, Comunicación interpersonal, Trabajo en equipo, Capacidad de Negociación
Municipio:
Ourense
Tipo:
Continua :esta oportunidad requiere de un compromiso continuado
Dedicación:
Más de 16 horas mensuales. Miercoles ,Sabado ,Campamentos de outono, iverno, primavera e verán.
Horario: Mañanas ,Tardes ,4 campamentos ao anos de 2, 3, 5 e 15 noites.
Esta actividad se puede realizar en grupos.Só Voluntari@s con dispoñibilidade nos fins de semana ,Campamentos de outono, inverno, primavera e verán..
Vacantes:
12
Fecha límite de inscripción:
01/09/2026
Nº de personas candidatas en esta oportunidad:
0
El nº de personas candidatas refleja el total de personas que han escrito a la organización,
desde la primera publicación de la oportunidad, a excepción de quienes no ha aceptado
la organización por no cumplir los requisitos especificados.