Objetivo
Queres formar parte dun proxecto educativo único e contribuír desde a túa comarca?
En Altair, Movemento Internacional Sociocultural e Educativo nos Tempos Libres, buscamos persoas comprometidas que queiran marcar a diferenza na vida de nenas, nenos e mozos/as de entre 8 e 18 anos.
Non precisas experiencia previa, só ganas, ilusión e compromiso.
Que facemos en Altair?
-Actividades semanais con infancia e mocidade os sábados ou domingos (3 horas).
-Campamentos e saídas á natureza no outono, inverno, primavera e verán.
-Formación subvencionada para obter o título de monitor/a ou director/a de tempo libre.
-Traballo en equipo, apoiado e coordinado por persoas con experiencia.
Nova iniciativa en distintas comarcas galegas
Estamos a lanzar unha campaña de promoción do proxecto Altair para crear novos agrupamentos de tempos libres en distintas comarcas galegas.
O obxectivo é poñer en marcha espazos educativos desde cero, e para iso precisamos persoas voluntarias con compromiso que queiran participar activamente dende a súa contorna.
Como voluntario/a, colaborarás con outras persoas interesadas na túa comarca na promoción, creación, organización e desenvolvemento dun novo agrupamento de tempos libres, sendo unha peza chave en todo o proceso.
É unha oportunidade única para achegar valor á túa comunidade, fomentar a aprendizaxe e o lecer saudable, e desenvolver habilidades de traballo en equipo e liderado.
Buscamos voluntarios/as nas seguintes comarcas:
O Baixo Miño
Concellos: Guarda (A), Oia, Rosal (O), Tomiño, Tui
Caldas
Concellos: Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas, Valga
O Condado
Concellos: Mondariz, Mondariz-Balneario, Neves (As), Ponteareas, Salvaterra de Miño
Deza
Concellos: Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces
O Morrazo
Concellos: Bueu, Cangas, Marín, Moaña
A Paradanta
Concellos: Arbo, Cañiza (A), Covelo (O), Crecente
Pontevedra
Concellos: Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Lama (A), Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Vilaboa
O Salnés
Concellos: Cambados, Grove (O), Illa de Arousa (A), Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa
Tabeirós-Terra de Montes
Concellos: Cerdedo-Cotobade, A Estrada (A), Forcarei
Vigo
Concellos: Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, Porriño (O), Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior, Vigo
Por que unirte a Altair?
-Participarás activamente na túa comunidade.
-Fomentarás a aprendizaxe e o ocio saudable.
-Desenvolverás habilidades en traballo en equipo, comunicación e liderado.
-Se es estudante da Universidade de Santiago de Compostela, poderás convalidar ata 6 créditos ECTS en titulacións de Grao e Máster. (Consulta tamén as convalidacións na Universidade da Coruña e na Universidade de Vigo.)
Se queres formar parte desta iniciativa e contribuír ao cambio desde a túa comarca, ponte en contacto connosco. Contamos contigo!
Perfil:
Perfil que buscamos
-Idade preferente: Entre 18 e 35 anos (aínda que non é excluínte).
-Predisposición para o trato con nenas/os e mocidade.
-Paixón pola natureza e actividades ao aire libre.
-Actitude positiva, flexible e colaborativa.
Que ofrecemos?
-Formación inicial e continua.
-Acompañamento e apoio constante.
-Unha experiencia única nun proxecto educativo e social.
Interésache?
Apúntate agora e enviarémosche o noso formulario de selección de voluntariado.
Agardámoste cos brazos abertos!
Adecuado para:
Adultos
Subcategorías:
Actividades de formación/Educación, Actividades lúdicas y de respiro, Atención y cuidados, Campañas/Sensibilización, Captación de fondos, Comunicación, Ocio y tiempo libre, Otros
Aficiones/pasiones:
Animales, Arte, Astronomía, Blogs, Cine, Cocina, Danza, Deporte, Escritura, Fotografía, Lectura, Música, Nuevas tecnologías e Internet, Salir al campo o al monte, Pintura, Teatro, Viajes, Enseñar, Otras
Competencias que adquirirá el voluntario
Analizar y resolver problemas, Iniciativa y autonomía, Capacidad de aprendizaje, Capacidad para liderar iniciativas, Organización y planificación, Comunicación interpersonal, Trabajo en equipo, Capacidad de Negociación
Municipio:
Ámbito Provincial
Tipo:
Continua :esta oportunidad requiere de un compromiso continuado
Dedicación:
Más de 16 horas mensuales. Miercoles ,Sabado ,Campamentos de outono, iverno, primavera e verán.
Horario: Mañanas ,Tardes ,4 campamentos ao anos de 2, 3, 5 e 15 noites.
Esta actividad se puede realizar en grupos.Só Voluntari@s con dispoñibilidade nos fins de semana ,Campamentos de outono, inverno, primavera e verán..
Vacantes:
12
Fecha límite de inscripción:
10/09/2025
Nº de personas candidatas en esta oportunidad:
0
El nº de personas candidatas refleja el total de personas que han escrito a la organización,
desde la primera publicación de la oportunidad, a excepción de quienes no ha aceptado
la organización por no cumplir los requisitos especificados.