Oferta de voluntariado: monitores/as de tempos libres en distintas comarcas galegas

Oferta de voluntariado: monitores/as de tempos libres en distintas comarcas galegas

País
España
Provincia
A Coruña
Fecha límite Inscripción
10/09/2025
Fecha Inicio
12/09/2025
Fecha fin
19/07/2026
Categoría
Infancia, juventud y familia

Información de la ONG

ASOCIACIÓN ALTAIR GALIZA
Valoración
% de respuesta: 100,0000% info

Objetivo

Queres formar parte dun proxecto educativo único e contribuír desde a túa comarca?
En Altair, Movemento Internacional Sociocultural e Educativo nos Tempos Libres, buscamos persoas comprometidas que queiran marcar a diferenza na vida de nenas, nenos e mozos/as de entre 8 e 18 anos.

Non precisas experiencia previa, só ganas, ilusión e compromiso.

Que facemos en Altair?
-Actividades semanais con infancia e mocidade os sábados ou domingos (3 horas).
-Campamentos e saídas á natureza no outono, inverno, primavera e verán.
-Formación subvencionada para obter o título de monitor/a ou director/a de tempo libre.
-Traballo en equipo, apoiado e coordinado por persoas con experiencia.

Nova iniciativa en distintas comarcas galegas
Estamos a lanzar unha campaña de promoción do proxecto Altair para crear novos agrupamentos de tempos libres en distintas comarcas galegas.

O obxectivo é poñer en marcha espazos educativos desde cero, e para iso precisamos persoas voluntarias con compromiso que queiran participar activamente dende a súa contorna.

Como voluntario/a, colaborarás con outras persoas interesadas na túa comarca na promoción, creación, organización e desenvolvemento dun novo agrupamento de tempos libres, sendo unha peza chave en todo o proceso.

É unha oportunidade única para achegar valor á túa comunidade, fomentar a aprendizaxe e o lecer saudable, e desenvolver habilidades de traballo en equipo e liderado.

Buscamos voluntarios/as nas seguintes comarcas:
A Barcala
Concellos: A Baña, Negreira

A Barbanza
Concellos: A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Ribeira

A Coruña
Concellos: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros, Sada

Arzúa
Concellos: Arzúa, Boimorto, O Pino, Touro

Bergantiños
Concellos: Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, Laxe, Malpica de Bergantiños, Ponteceso

Betanzos
Concellos: Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras, Paderne, Vilasantar

Eume
Concellos: A Capela, Cabanas, Monfero, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez

Ferrol
Concellos: Ares, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, Valdoviño

Fisterra
Concellos: Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía

Muros
Concellos: Carnota, Muros

Noia
Concellos: Lousame, Noia, Outes, Porto do Son

Ordes
Concellos: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo

Santiago
Concellos: Ames, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra, Vedra

Terra de Melide
Concellos: Melide, Santiso, Sobrado, Toques

Terra de Soneira
Concellos: Camariñas, Vimianzo, Zas

Xallas
Concellos: Mazaricos, Santa Comba

Por que unirte a Altair?
-Participarás activamente na túa comunidade.
-Fomentarás a aprendizaxe e o ocio saudable.
-Desenvolverás habilidades en traballo en equipo, comunicación e liderado.
-Se es estudante da Universidade de Santiago de Compostela, poderás convalidar ata 6 créditos ECTS en titulacións de Grao e Máster. (Consulta tamén as convalidacións na Universidade da Coruña e na Universidade de Vigo.)

Se queres formar parte desta iniciativa e contribuír ao cambio desde a túa comarca, ponte en contacto connosco. Contamos contigo!

Perfil:

Perfil que buscamos
-Idade preferente: Entre 18 e 35 anos (aínda que non é excluínte).
-Predisposición para o trato con nenas/os e mocidade.
-Paixón pola natureza e actividades ao aire libre.
-Actitude positiva, flexible e colaborativa.

Que ofrecemos?
-Formación inicial e continua.
-Acompañamento e apoio constante.
-Unha experiencia única nun proxecto educativo e social.

Interésache?
Apúntate agora e enviarémosche o noso formulario de selección de voluntariado.

Agardámoste cos brazos abertos!

Adecuado para:

Adultos

Subcategorías:

Actividades de formación/Educación, Actividades lúdicas y de respiro, Atención y cuidados, Campañas/Sensibilización, Captación de fondos, Comunicación, Ocio y tiempo libre, Otros

Aficiones/pasiones:

Animales, Arte, Astronomía, Blogs, Cine, Cocina, Danza, Deporte, Escritura, Fotografía, Lectura, Música, Nuevas tecnologías e Internet, Salir al campo o al monte, Pintura, Teatro, Viajes, Enseñar, Otras

Competencias que adquirirá el voluntario

Analizar y resolver problemas, Iniciativa y autonomía, Capacidad de aprendizaje, Capacidad para liderar iniciativas, Organización y planificación, Comunicación interpersonal, Trabajo en equipo, Capacidad de Negociación

Municipio:

Ámbito Provincial

Tipo:

Continua :esta oportunidad requiere de un compromiso continuado

Dedicación:

Más de 16 horas mensuales. Miercoles ,Sabado ,Campamentos de outono, iverno, primavera e verán.
Horario: Mañanas ,Tardes ,4 campamentos ao anos de 2, 3, 5 e 15 noites.
Esta actividad se puede realizar en grupos.Só Voluntari@s con dispoñibilidade nos fins de semana ,Campamentos de outono, inverno, primavera e verán..

Vacantes:

12

Fecha límite de inscripción:

10/09/2025

Nº de personas candidatas en esta oportunidad:  0

El nº de personas candidatas refleja el total de personas que han escrito a la organización, desde la primera publicación de la oportunidad, a excepción de quienes no ha aceptado la organización por no cumplir los requisitos especificados.

PUBLICIDAD

Con el apoyo de: 

No te pierdas nada

Suscríbete a nuestra newsletter