Oferta de voluntariado: monitores/as de tempos libres en distintas comarcas galegas

Oferta de voluntariado: monitores/as de tempos libres en distintas comarcas galegas

País
España
Provincia
Lugo
Fecha límite Inscripción
01/09/2026
Fecha Inicio
12/09/2026
Fecha fin
18/07/2027
Categoría
Infancia, juventud y familia

Información de la ONG

ASOCIACIÓN ALTAIR GALIZA
Valoración
% de respuesta: 80,5556% info

Objetivo

Queres formar parte dun proxecto educativo único e contribuír desde a túa comarca?
En Altair, Movemento Internacional Sociocultural e Educativo nos Tempos Libres, buscamos persoas comprometidas que queiran marcar a diferenza na vida de nenas, nenos e mozos/as de entre 8 e 18 anos.

Non precisas experiencia previa, só ganas, ilusión e compromiso.

Que facemos en Altair?
-Actividades semanais con infancia e mocidade os sábados ou domingos (3 horas).
-Campamentos e saídas á natureza no outono, inverno, primavera e verán.
-Formación subvencionada para obter o título de monitor/a ou director/a de tempo libre.
-Traballo en equipo, apoiado e coordinado por persoas con experiencia.

Nova iniciativa en distintas comarcas galegas
Estamos a lanzar unha campaña de promoción do proxecto Altair para crear novos agrupamentos de tempos libres en distintas comarcas galegas.

O obxectivo é poñer en marcha espazos educativos desde cero, e para iso precisamos persoas voluntarias con compromiso que queiran participar activamente dende a súa contorna.

Como voluntario/a, colaborarás con outras persoas interesadas na túa comarca na promoción, creación, organización e desenvolvemento dun novo agrupamento de tempos libres, sendo unha peza chave en todo o proceso.

É unha oportunidade única para achegar valor á túa comunidade, fomentar a aprendizaxe e o lecer saudable, e desenvolver habilidades de traballo en equipo e liderado.

Buscamos voluntarios/as nas seguintes comarcas:
-Ancares
Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro

-Chantada
Carballedo, Chantada, Taboada

-Fonsagrada
Baleira, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz

-Lugo
Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín, Rábade

-A Mariña
Alfoz, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro, Xove, Barreiros, A Pontenova, Ribadeo, Trabada

-Meira
Meira, Pol, Ribeira de Piquín, Riotorto

-Quiroga
Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil

-Sarria
O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria, Triacastela

-Terra Chá
Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba, Xermade

-Terra de Lemos
Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao, Sober

-Ulloa
Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei

Por que unirte a Altair?
-Participarás activamente na túa comunidade.
-Fomentarás a aprendizaxe e o ocio saudable.
-Desenvolverás habilidades en traballo en equipo, comunicación e liderado.
-Se es estudante da Universidade de Santiago de Compostela, poderás convalidar ata 6 créditos ECTS en titulacións de Grao e Máster. (Consulta tamén as convalidacións na Universidade da Coruña e na Universidade de Vigo.)

Se queres formar parte desta iniciativa e contribuír ao cambio desde a túa comarca, ponte en contacto connosco. Contamos contigo!

Perfil:

Perfil que buscamos
-Idade preferente: Entre 18 e 35 anos (aínda que non é excluínte).
-Predisposición para o trato con nenas/os e mocidade.
-Paixón pola natureza e actividades ao aire libre.
-Actitude positiva, flexible e colaborativa.

Que ofrecemos?
-Formación inicial e continua.
-Acompañamento e apoio constante.
-Unha experiencia única nun proxecto educativo e social.

Interésache?
Apúntate agora e enviarémosche o noso formulario de selección de voluntariado.

Agardámoste cos brazos abertos!

Adecuado para:

Adultos

Subcategorías:

Actividades de formación/Educación, Actividades lúdicas y de respiro, Atención y cuidados, Campañas/Sensibilización, Captación de fondos, Comunicación, Ocio y tiempo libre, Otros

Aficiones/pasiones:

Animales, Arte, Astronomia, Blogs, Cine, Cocina, Danza, Deporte, Escritura, Fotografia, Lectura, Musica, Nuevas tecnologias e Internet, Salir al campo o al monte, Pintura, Teatro, Viajes, Ensenar, Otras

Competencias que adquirirá el voluntario

Analizar y resolver problemas, Iniciativa y autonomía, Capacidad de aprendizaje, Capacidad para liderar iniciativas, Organización y planificación, Comunicación interpersonal, Trabajo en equipo, Capacidad de Negociación

Municipio:

Ámbito Provincial

Tipo:

Continua :esta oportunidad requiere de un compromiso continuado

Dedicación:

Más de 16 horas mensuales. Miercoles ,Sabado ,Campamentos de outono, iverno, primavera e verán.
Horario: Mañanas ,Tardes ,4 campamentos ao anos de 2, 3, 5 e 15 noites.
Esta actividad se puede realizar en grupos.Só Voluntari@s con dispoñibilidade nos fins de semana ,Campamentos de outono, inverno, primavera e verán..

Vacantes:

12

Fecha límite de inscripción:

01/09/2026

Nº de personas candidatas en esta oportunidad:  0

El nº de personas candidatas refleja el total de personas que han escrito a la organización, desde la primera publicación de la oportunidad, a excepción de quienes no ha aceptado la organización por no cumplir los requisitos especificados.

PUBLICIDAD

  

  

 

Con el apoyo de: 

No te pierdas nada

Suscríbete a nuestra newsletter