Objetivo
Queres formar parte dun proxecto educativo único?
En Altair, Movemento Internacional Sociocultural e Educativo nos Tempos Libres, buscamos persoas comprometidas que queiran marcar a diferenza na vida de nenas, nenos e mozos/as de entre 8 e 18 anos.
Non precisas experiencia previa, só ganas, ilusión e compromiso!
Que facemos en Seteportas-Altair?
-Actividades semanais con infancia e mocidade os sábados, de 11:00 a 14:00.
-Campamentos e saídas á natureza no outono, inverno, primavera e verán.
-Formación subvencionada para obter o título de monitor/a ou director/a de tempo libre.
-Traballo en equipo, apoiado e coordinado por persoas expertas.
Onde?
A nosa actividade desenvólvese en Santiago de Compostela. Buscamos voluntarios/as en Santiago ou en municipios próximos que poidan formar parte da Equipa Educativa do agrupamento Seteportas-Altair.
Por que unirte?
-Participarás activamente na túa comunidade.
-Fomentarás a aprendizaxe e o ocio saudable.
-Desenvolverás habilidades en traballo en equipo, comunicación e liderado.
-Se es estudante da USC, o teu voluntariado pode convalidar ata 6 créditos ECTS en todas as titulacións de Grao e Máster.
Perfil:
Perfil que buscamos
-Idade preferente: Entre 18 e 35 anos (aínda que non é excluínte).
-Predisposición para o trato con nenas/os e mocidade.
-Paixón pola natureza e actividades ao aire libre.
-Actitude positiva, flexible e colaborativa.
Que ofrecemos?
-Formación inicial e continua.
-Acompañamento e apoio constante.
-Unha experiencia única nun proxecto educativo e social.
Interésache?
Apúntate agora e enviarémosche o noso formulario de selección de voluntariado.
Agardámoste cos brazos abertos!
Adecuado para:
Adultos
Subcategorías:
Actividades de formación/Educación, Actividades lúdicas y de respiro, Atención y cuidados, Campañas/Sensibilización, Captación de fondos, Comunicación, Ocio y tiempo libre, Otros
Aficiones/pasiones:
Animales, Arte, Astronomia, Blogs, Cine, Cocina, Danza, Deporte, Escritura, Fotografia, Lectura, Musica, Nuevas tecnologias e Internet, Salir al campo o al monte, Pintura, Teatro, Viajes, Ensenar, Otras
Competencias que adquirirá el voluntario
Analizar y resolver problemas, Iniciativa y autonomía, Capacidad de aprendizaje, Capacidad para liderar iniciativas, Organización y planificación, Comunicación interpersonal, Trabajo en equipo, Capacidad de Negociación
Municipio:
Santiago de Compostela
Tipo:
Continua :esta oportunidad requiere de un compromiso continuado
Dedicación:
Más de 16 horas mensuales. Miercoles ,Sabado ,Campamentos de outono, iverno, primavera e verán.
Horario: Mañanas ,Tardes ,4 campamentos ao anos de 2, 3, 5 e 15 noites.
Esta actividad se puede realizar en grupos.Só Voluntari@s con dispoñibilidade nos fins de semana ,Campamentos de outono, inverno, primavera e verán. Máis información e envio de candidatuas: info@altair.gal.
Vacantes:
4
Fecha límite de inscripción:
22/05/2026
Nº de personas candidatas en esta oportunidad:
2
El nº de personas candidatas refleja el total de personas que han escrito a la organización,
desde la primera publicación de la oportunidad, a excepción de quienes no ha aceptado
la organización por no cumplir los requisitos especificados.