Velar pola defensa dos dereitos configurados na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, traballando pola súa aplicación práctica para tódalas persoas.
Promoción da integración, inclusión social e defensa de tódolos dereitos das persoas en risco ou situación de exclusión social. Prestarase especial atención ás persoas migrantes, refuxiadas e apátridas.
Pomoción dunha perspectiva de xénero, dende a mesma, prestarase atención á plena inclusión das mulleres vítimas de violencia de xénero, en contexto de prostitución, vítimas de trata de seres humanos e/ou tortura.
Proporcionar apoio ás familias ao longo de todo o seu ciclo vital, especialmente ás monomarentais. Poñerase especial énfase na atención á infancia, terceira idade e persoas que viven en soidade ou illamento, favorecendo a comunicación e a cooperación intragrupo e intergrupo.
Contribuír á construción de sociedades interculturais e diversas que faciliten a convivencia e os procesos de inclusión, garantindo a igualdade de oportunidades, de trato e non discriminación de tódalas persoas que forman parte da sociedade. Procurarase a erradicación dos delitos de odio dirixidos a persoas especialmente vulnerables.
Promoción da participación, transformación e activación social, a nivel asociativo e individual, de toda a poboación xeral, especialmente das persoas en risco de exclusión social.
Promover o desenvolvemento e ser axentes de cambio naquelas zonas xeográficas que por estaren afastadas, os colectivos en risco que alí residen non
dispoñen dos recursos precisos para lograr unha igualdade de oportunidades. Procurarase contribuir á desaparición da fenda dixital.
Adopción de posturas públicas de denuncia ante situacións de violación dos dereitos humanos, de violencia, de inxustiza social, efectos do cambio climático, etc. e ante calquera posible factor xerador de movementos humanos forzosos.
Promoción da saúde coletiva e individual das persoas. Concebindo esta dende un enfoque integral. Facilitando o acceso a recursos de coidado e saúde mental, especialmente cando se trate de colectivos que, polas súas características, teñan dificultade de acceso ó mesmo. Neste senso, achegar recursos e traballar co obxectivo de promocionar relacións socio-afectivas sans.
Datos de la ONG
- Nº registro
-
2008/012168-1
- Org. registró
-
Rexistro Asociacións
- Web
- www.arraianas.org
- País
-
España
- Provincia
-
A Coruña
- Dirección
-
Rúa Pexigo de Arriba, 32, baixo
- Código Postal
-
15703
Valoración ONG
Valoración
(0 valoraciones)
Opinión general
% de respuesta voluntariado: 0,0000%
% de respuesta empleo: 77,59%