Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

A Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” abrangue un total de 116.724 ha (113.969,7 ha terrestres e 2.754,6 ha mariñas), que representa o 14,33% da superficie da provincia da Coruña, repartidas en 17 concellos. Con esta superficie é a segunda Reserva de Biosfera galega por orde de superficie, sendo a primeira da provincia da Coruña. Municipios que conforman a Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza -Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado. Poboación (ano 2015): 190.708 habitantes. OPORTUNIDADES QUE OFRECE A RESERVA DA BIOSFERA: - Situar ao territorio “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” no mapa mundial. - Dar prestixio ao territorio, ás súas empresas e aos seus produtos. - Ampliación dos mercados para os produtos, a través das marcas de calidade. - Recuperación das actividades económicas tradicionais. - Incentivar e fortalecer as iniciativas ligadas ao turismo sostible. - Xerar oportunidades de capacitación e formación. - Acadar apoio internacional, estatal e rexional para iniciativas e proxectos ligados ao desenvolvemento sostible e á conservación ambiental. - Mellorar a conservación ambiental e a información sobre os recursos naturais.

Datos de la ONG

Provincia
A Coruña
Dirección
San Marcos, s/n (Antiga Cámara Agraria, 1º andar)
Código Postal
15318

Valoración

Valoración (0 valoraciones) info

PUBLICIDAD

 

Con el apoyo de: 

No te pierdas nada

Suscríbete a nuestra newsletter