Voluntariado presencial


Voluntariado ambiental para prevención de incendios forestales. Fechas en Julio y Agosto

País España
Provincia Pontevedra
Categoría Medio Ambiente
Voluntariado Galego
Valoración
(0 valoraciones)  
% de respuesta: 0,0000%
Inicio
01/07/2013
Esta oportunidad ya se ha cubierto
Encuentra más ofertas de este tipo

Descripción

Descripción Un ano máis a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado colabora coa Dirección Xeral de Montes da Consellería de Medio Rural para poñer en marcha este verán un programa de voluntariado ambiental de prevención e defensa contra os incendios forestais.

O programa desenvolverase en quendas de 5 días e está concibido como un campo de traballo, no que grupos de 8 persoas voluntarias xunto cun monitor realizarán diferentes actividades de sensibilización e información sobre a necesidade de coidado e preservación da masa forestal.

Os obxectivos do programa son:

-Promover unha campaña de sensibilización e información no coidado dos nosos montes.
-Colaborar na vixilancia dos montes de Galicia.
-Reforzar a idea da necesidade de conservar os nosos recursos forestais.
-Fomentar unha actitude de prevención de riscos nos nosos montes.
-Promover mecanismos que incidan en actitudes de persuasión fronte ao descoido ou a irresponsabilidade no monte.

As actividades a realizar polos participantes no programa foron establecidas pola Dirección Xeral de Montes, cuxos técnicos intervirán ademais cunha charla de FORMACIÓN aos voluntarios.

Unha vez realizada a formación as persoas voluntarias comezarán a súa labor, que inclúe a realización das seguintes ACTIVIDADES:

- Vixilancia ambiental.
- Visitas ás poboacións próximas para facer unha campaña de sensibilización sobre a importancia da conservación da masa forestal.
- Fixación de rutas de sendeirismo.
- Control de especies invasoras.
- Colaboración na restauración áreas incendiadas.
- Localización e control de vertedoiros incontrolados.
- Limpeza de ríos e caracterización dun tramo de río.
- Limpeza e desbroce de cortalumes.
- Actividades culturais vinculadas cos montes en colaboración cos concellos de referencia.

O PROGRAMA INCLÚE:

1. Aloxamento e pensión completa.
2. Programa de actividades e monitores.
3. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

O desprazamento ata o punto de queda será por conta dos participantes.

Ao finalizar a súa participación neste programa de voluntariado ambiental, as persoas voluntarias obterán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado de acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrito como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

CAMBADOS (Albergue Pazo Serantellos): do 1 ao 5 de xullo, do 5 ao 9 de agosto, do 19 ao 23 de agosto e do 26 ao 30 de agosto.
Perfil CONDICIÓNS XERAIS

Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias maiores de idade ou ter cumpridos os 16 anos con autorización paterna, materna ou do titor . As persoas voluntarias que desexen participar, deberán ter en conta:

-A indumentaria que leven ten que ser axeitada ás actividades a realizar, e han de levar a súa propia roupa de cama (saco/sabas) e os seus utensilios persoais de aseo.

-Sería conveniente que os participantes levasen así mesmo uns prismáticos.
Adecuado para Adolescentes, Adultos, Mayores
Subcategorías Protección o recuperación de espacios naturales
Aficiones/Pasiones Salir al campo o al monte
Municipio Cambados
Tipo Puntual :esta oportunidad no requiere de un compromiso continuado, puedes realizar una colaboración esporádica con la organización
Dedicación Entre 4 y 16 horas mensuales. Lunes ,Martes ,Miercoles ,Jueves ,Viernes.
Horario.
Esta actividad se puede realizar en grupos.Esta actividad se puede realizar en familia (o de adultos acompañados de niños menores).
Fecha límite de inscripción 21/08/2013
Nº de vacantes 50

  • Nº de personas candidatas en esta oportunidad: 17

El nº de personas candidatas refleja el total de personas que han escrito a la organización, desde la primera publicación de la oportunidad, a excepción de quienes no ha aceptado la organización por no cumplir los requisitos especificados.


Esta oportunidad ya se ha cubierto
Encuentra más ofertas de este tipo

Valoración ONG

Valoración
(0 valoraciones)  
Opinión general
% de respuesta: 0,0000%

Ofertas similares a esta